Un choque entre unha moto e un camión deixou unha persoa ferida de consideración no concello coruñés de Bergondo.
O accidente produciuse ás 09:15 horas desta mañá. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda para un motorista que colidira contra un vehículo de transporte de mercancías mentres circulaban pola parroquia de Santa Marta de Babío.
De inmediato, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Betanzos.
Finalmente, o ferido foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Co fin de regular o tráfico na zona do accidente e garantir as conducións de seguridade na vía, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo