O pasado día sábado ás 03:10 horas recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo.
Os vixiantes da nora, viran a un home que na zona da Rúa de Concepción Arenal causara danos no valado da citada atracción.
Apoiados por unha unidade de CNP procedeuse a filiar ao causante dos danos para realizar informe con proposta de sanción dirixida ao departamento de patrimonio.
O citado resultou ser A. A. L. C, de Vigo e 19 anos de idade. Os danos provocados consistiron na rotura da ancoraxe metálica dun poste de madeira polo que se suxeitan as cordas da varanda de acceso.
Os alertantes puideron observar os feitos, dando a descrición de indumentaria do citado ao obxecto de facilitar a súa identificación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.