Un mozo ferido ao golpearse contra o fondo do mar na Praia de Samil, en Vigo

Publicado por o día 04/09/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un mozo ferido ao golpearse contra o fondo do mar na Praia de Samil, en Vigo

Un mozo resultou ferido de consideración a pasada tarde na Praia de Samil, en Vigo, despois de saltar á auga desde a area e golpearse contra o fondo do mar na desembocadura do Río Lagares.

Os feitos ocorreron preto das 19:44 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido e engadía no seu relato que a persoa caera de cabeza contra o fondo do mar e non era capaz de moverse.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo e da Policía Local.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os efectivos de socorrismo sacaron ao mozo da auga inmobilizado nunha padiola e o evacuaron ata unha ambulancia, onde foi primeiramente atendido y posteriormente trasladado a un centro hospitalario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.