Un varón duns trinta anos perdeu a vida esta mañá en Oza-Cesuras despois de sufrir un accidente co vehículo que conducía na DP-3203, no lugar de Bandoxa.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o turismo no que viaxaban o mozo saíuse da vía e a causa do forte impacto o condutor quedou atrapado no interior. De este modo, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, en coordinación cos efectivos do GES de Curtis, procederon a liberar á vítima. No lugar había tamén un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do mozo.
O sinistro mortal rexistrouse ás 8:15 horas desta mañá.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.