Un mozo resulta ferido ao caerlle na cabeza un anaco de cornixa en Vigo

Publicado por o día 18/06/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un mozo resulta ferido ao caerlle na cabeza un anaco de cornixa en Vigo

Transitando pola rúa Ecuador, ás 07:03 horas desta mesma mañá; F. S. A, de Burgos e 27 anos de idade, sentiu unha forte dor na cabeza, comezando a sangrar abundantemente.

Tras sentar en vía publica, observou que se trataba dun cascote desprendido da fachada dun edificio o que lle ocasionou a ferida na cabeza.

Realizando a correspondente chamada á Sala de Comunicacións do 092 desta Policía Local de Vigo.

Acudidos no lugar, os axentes observaron ao home, sentado na vía pública, cunha ferida aberta na cabeza, que sangraba profusamente.

No lugar atopábase unha testemuña, que manifestou que observou ao aludido botar a man á cabeza repentinamente e comezar a sangrar, atopando no lugar un cascote desprendido da fachada dun inmoble.

Tras ser asistido pola ambulancia do 061, foi trasladado ao centro hospitalario Álvaro Cunqueiro.

No lugar compareceu unha dotación de bombeiros, que tras acoutar a zona, comezaron labores de saneamento do balcón onde se desprendeu o cascote, pertencente ao 3º piso.

O tramo que de Ecuador (Vazquez Varela- Mexico), permaneceu cortado ao tráfico rodado polo tempo de 30 minutos.

Os axentes, procederon a identificar os propietarios do inmoble, manifestando cada un deles, que non está constituída comunidade algunha, tendo neste caso que facerse cargo da reparación e asegurar a fachada para evitar novos desprendementos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.