Un neno de 6 anos desaparece en Torrecedeira

Publicado por o día 10/06/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

Un neno de 6 anos desaparece en Torrecedeira
Ás 19:40 horas do pasado xoves, na zona de Torrecedeira tívose coñecemento doutro neno desaparecido, esta vez de 6 anos de idade.
 
A alertante facilitou as características do menor para axilizar a súa localización, datos trasladados ao resto de Unidades desta Policía Local de Vigo axilizando así a posible recuperación do neno.
 
As Patrullas procederon a peitear a zona. Unha delas prestaba servico en Pz. De America e desprazouse – por proximidade – para colaborar nos labores de procura, dando os seus froitos esta xestión cando ao descender pola rúa Coruña observaron a un neno que coincidía coas características facilitadas, acompañado por outros tres menores.
 
A Unidade Policial procedeu ao tutelaje do neno en espera da chegada dalgún familiar dado que todos eran menores.
 
No lugar presentouse un amigo da familia que tiña o número de teléfono dun irmán do neno achegándose rapidamente ao lugar para recollelo.
 
O citado resultou ser M. P, nacido en Senegal e con domicilio en Vigo de 19 anos de idade. O mozo manifestou que a súa nai non podía achegarse por que estaba a traballar e o seu pai por estar ao coidado do seu outro irmán impedido.
 
Achegando finalmente a ambos os (irmán e menor) ao domicilio familiar quedando esta vez baixo a vixilancia do seu proxenitor.
 
Xa é común a situación dada o 8/06/2019 ás 23:30 horas cando unha nai realizou chamada na Sala de Comunicacións do 092 para informar sobre a desaparición da súa filla do domicilio familiar, respondendo a citada a E.G.D, de 14 anos de idade.
 
Segundo parece a menor abandonara o domicilio facía 4 horas, ampliando a información facilitando os lugares que adoita frecuentar que eran Praza de independencia, C.C.Gran Vía.
 
As distintas Unidades da Policía Local de Vigo iniciaron un operativo de procura co fin de localizar á menor para tranquilidade da súa nai.
 
Afortunadamente foi a mesma requirente do servizo a que ás 01:05 horas realizou nova chamada informando que xa aparecera.