Un neno ferido despois de lanzarse ao mar en Baiona

Os servizos sanitarios de urxencia desprazáronse esta tarde á praia de Santa Marta, en Baiona, para atender a un neno que resultou ferido despois de lanzarse á auga.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido ás 18:00 horas. Indicaba no seu relato que o mozo tirárase de cabeza ao mar e batera contra o fondo.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que rapidamente desprazáronse ata o areal para prestar atención médica ao menor.

Evacuada en helicóptero unha persoa ao envorcar o tractor que manexaba en Vila de Cruces

Unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Vila de Cruces despois de que o tractor que manexaba envorcase no lugar de Souto.

Para atender á persoa accidentada, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado, no que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sucedido a través dos servizos sanitarios, uns minutos despois das 17:45 horas.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local, dos Bombeiros de Silleda, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido aos efectivos do GES de Lalín.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM