Un novo relato en «A hora do conto» de Afundación en casa

Todos os martes e xoves, o público infantil poderá gozar dunha sesión de contacontos en Afundación en casa, a Obra Social de ABANCA
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Cultura,Eventos

Un novo relato en «A hora do conto» de Afundación en casa

Afundación en casa continúa coa súa iniciativa para as máis pequenas e os máis pequenos da casa. Trátase de «A hora do conto», na que todos os martes e xoves se presentará unha sesión de contacontos con relatos fabulosos. Mañá, martes 5 de maio, continuará esta sección con La niña lista, unha narración de Carles García Domingo, coa compañía Zarándula.

Carles García Domingo procede dunha familia de narradores e vendedores ambulantes e contistas. Iso levouno a vivir os contos tradicionais, desde moi novo. Relatos marabillosos, historias cargadas de ironía e sabedoría tradicional. Na actualidade, o seu repertorio componse na súa maioría destes contos tradicionais, pero tamén de versións propias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.