Un novo relato en «A hora do conto» de Afundación en casa

Todos os martes e xoves, o público infantil poderá gozar dunha sesión de contacontos en Afundación en casa, a Obra Social de ABANCA
Publicado por o día 20/04/2020 na sección de Cultura

Un novo relato en «A hora do conto» de Afundación en casa

Afundación en casa continúa coa súa iniciativa para as máis pequenas e os máis pequenos da casa. Trátase de «A hora do conto», na que todos os martes e xoves se presentará unha sesión de contacontos con relatos fabulosos. Mañá, martes 20 de abril, continuará esta sección con Sopa de piedra, unha narración de Carles García Domingo, coa compañía Zarándula.

Carles García Domingo procede dunha familia de narradores e vendedores ambulantes e contistas. Iso levouno a vivir os contos tradicionais, desde moi novo. Relatos marabillosos, historias cargadas de ironía e sabedoría tradicional. Na actualidade, o seu repertorio componse na súa maioría destes contos tradicionais, pero tamén de versións propias.

«Afundación en casa» «Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo, tamén, un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolven persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.

O obxectivo é acompañar á sociedade no súa deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a prol do avance social, esfórzase por apoiar á cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.

Toda esta actividade, integrada por máis de 300 recursos, é facilmente accesible nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.