Un novo transporte especial para o Porto de Vigo cruza polo Paseo das Avenidas

Un novo transporte especial de 120 toneladas, o cuarto nos últimos dez días, cruzou o Paseo das Avenidas para entrar no Porto o pasado domingo. A Policía Local colaborou no transporte.
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Un novo transporte especial para o Porto de Vigo cruza polo Paseo das Avenidas

Un novo transporte especial de 120 toneladas, o cuarto nos últimos dez días, cruzou o Paseo das Avenidas para entrar no Porto o pasado domingo. A Policía Local colaborou no transporte.

Un cuarto camión de 120 toneladas atravesou o pasado luns o céntrico Paseo das Avenidas, o cuarto nos últimos dez días, segundo indicou este mércores Abel Caballero, quen anotou que o paso destes vehículos de gran tonelaxe rompe as baldosas de pedra, non o uso cidadá.

O Concello colabora cos transportes especiais que cruzan a cidade ata entrar no recinto portuario polas Avenidas. Os cálculos aportados polo alcalde apuntan a que todos os anos hai entre 30 e 50 transportes deste tipo.

Nestes últimos caso entraron os catro pola Avenida de Madrid no seu camiño ao Porto de Vigo, onde desembarcan as pezas. Os días 21, 25, 28 e o pasado domingo, 31 de marzo, camións de 120 toneladas atravesaron a cidade e empregaron o Paseo das Avenidas.