Un operario cae desde o mástil dun buque atracado en Marín

Publicado por o día 01/04/2018 na sección de Sucesos

Un operario cae desde o mástil dun buque atracado en Marín

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte ao Hospital de Montecelo a un operario que caeu desde o alto dun mástil do buque Cedeira atracado no Porto de Marín.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as nove da noite de onte cando o ferido estaba a traballar nun mástil situado a uns oito metros de altura, sinalou o capitán do buque Cedeira.

Tras a caída, o operario bateu contra a tapa da bodega e sufriu lesións de diversa consideración das que foi atendido no Hospital de Montecelo.

Toda vez recibida a chamada de alerta do capitán ao 112 Galicia, o persoal do CIAE informou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes da Policía Nacional. Tamén se lle avisou ao persoal da Autoridade Portuaria.