Un operario dunha orquestra ferido ao caer desde un camión dunha altura de catro metros en Bóveda

Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Sucesos

Un operario dunha orquestra ferido ao caer desde un camión dunha altura de catro metros en Bóveda

Un traballador dunha orquestra resultou ferido esta noite despois de caer dun camión desde unha altura de catro metros en Bóveda. Os feitos sucederon nas proximidades da casa do concello, ao fío das 6:10 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

Finalmente, o operario foi trasladado ao Hospital de Monforte.

Comentar noticia

Your email address will not be published.