Un operario, evacuado a Vigo tras ser golpeado por un tronco en Fornelo de Montes

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Sucesos

Un operario, evacuado a Vigo tras ser golpeado por un tronco en Fornelo de Montes

Un golpe co tronco dunha árbore provoca lesións importantes na faciana dun traballador que cortaba madeira en Fornelo de Montes.

O accidente produciuse ás 10:30 horas de hoxe no Lugar dos Campeliños, tal e como indicou o compañeiro do ferido que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Ao lugar acudiu unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o traslado a Vigo do operario, que presentaba lesións importantes na cara ao recibir o golpe no lateral dereito da cabeza. Ademais dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos axente da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.