Un operario evacuado en helic√≥ptero ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora nun viveiro en Arz√ļa

Publicado por o d√≠a 12/08/2020 na sección de Sucesos

Un operario evacuado en helic√≥ptero ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora nun viveiro en Arz√ļa

Un home resultou ferido de consideración esta tarde ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora mentres traballaba nun viveiro na parroquia arzuá de Campo.
 
Tras a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia preto das 15:45 horas activouse un operativo no que intervi√Īeron os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaron ata o lugar dos feitos a bordo dun helic√≥ptero medicalizado para atender ao operario e no que foi finalmente trasladado ao centro hospitalario de referencia.
 
C√≥mpre salientar que, para prestar apoio e colaboraci√≥n ao equipo m√©dico mobilizado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervenci√≥n da Garda Civil e da Agrupaci√≥n de Voluntarios de Protecci√≥n Civil de Arz√ļa.
 

Dous adultos e un menor feridos ao caer por un desnivel a furgoneta na que viaxaban en Toques

 
Dous adultos e un menor resultaron feridos esta tarde en Toques despois de que a furgoneta na que circulaban se sa√≠se da v√≠a e caese por un terrapl√©n duns seis metros. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a intervenci√≥n dos Bombeiros de Arz√ļa fixo posible que as tres persoas accidentadas, malia que se atopaban liberadas e accesibles, conseguisen sa√≠r desta zona, ao ser rescatadas e levadas ata a ambulancia, onde recibiron asistencia m√©dica.
 
O sinistro produciuse na DP-4604, concretamente no punto quilométrico 10, ao fío das 15: 45 horas.
 
Foi unha das persoas implicadas no accidente quen alertou da s√ļa situaci√≥n ao 112 Galicia, o que permitiu activar un operativo no que intervi√Īeron os Bombeiros de Arz√ļa, os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tr√°fico.
 

Saída de vía en Vila de Cruces

 
Por outra banda, unha muller precisou asistencia sanitaria esta tarde en Vila de Cruces ao saírse da vía o turismo que conducía e caer por un barranco.
 
O accidente ocorreu na estrada que une Silleda e Vila de Cruces, nas proximidades do lugar de Fontao.
 
Ao f√≠o das 18:00 horas, unha persoa particular alertou do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situaci√≥n en co√Īecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tr√°fico, da Polic√≠a Local, do GES de Lal√≠n e de Protecci√≥n Civil da localidade.
 

Un incendio deixa danos nunha casa en Dodro

 
Un incendio declarado esta tarde nunha casa en Dodro provocou severos danos na vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida.
 
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as lapas calcinaron as estancias do primeiro e do segundo andar e afectaron ao tellado da casa, que colapsou. Por outra banda, na planta baixa, os servizos de emerxencia conseguiron evitar que o lume afectase a d√ļas habitaci√≥ns, a unha adega e a unha coci√Īa.
 
Os feitos sucederon no lugar de Bexo, na parroquia de San Xo√°n de La√≠√Īo, ao f√≠o das 14:40 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio.
 
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, ao GES de Padrón e á Garda Civil.
 
As labores de extinción do lume e os traballos de balizado da vivenda finalizaron, segundo puido saber o 112 Galicia, preto das 17:15 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.