Un operario, evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída de cinco metros de altura en Dozón

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Sucesos

Un operario, evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída de cinco metros de altura en Dozón

Un operario resultou ferido de consideración tras caer dunha altura de cinco metros cando traballaba no lugar da Corredoira, en Dozón.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente ocorreu ás 11:30 horas de hoxe e ao lugar desprazouse un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao ferido que, aínda que estaba consciente, sufriu lesións de diversa consideración.

Ademais, á zona acudiu unha patrulla da Garda Civil e membros do GES de Lalín.

Caída en Laracha

Non foi o único accidente laboral rexistrado esta mañá na Comunidade. De feito, na Laracha, outro operario tivo que ser evacuado despois de caer a unha cuneta mentres traballaba no lugar do Loureiro, en Soandres.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o traballador presentaba unha fractura de perna debido a unha caída desde a calzada á cuneta.

Á parte do equipo sanitario, desprazáronse á zona os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias que rodearon este suceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.