Un operario ferido ao caerlle encima unha árbore en Mesía

Publicado por o día 22/06/2020 na sección de Sucesos

Un home que realizaba o seu traballo nunha zona de monte en Mesía resultou ferido este mediodía ao caerlle encima unha árbore.

Ocorreu na parroquia de Lanzá, ao fío das 12:50 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do accidente laboral ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Ordes, aos efectivos do GES de Curtis e aos axentes da Garda Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ordes, o traballador ferido se atopaba accesible, polo que non tiveron que intervir para que fose atendido polos servizos sanitarios.