Un operario, ferido ao sufrir unha descarga eléctrica mentres reparaba un tellado no Porriño

Publicado por o día 30/08/2018 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

Un operario, ferido ao sufrir unha descarga eléctrica mentres reparaba un tellado no Porriño

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a un operario que sufriu unha descarga eléctrica cando reparaba un tellado no Porriño. Segundo puido saber o 112 Galicia, o traballador tocou un cable de alta tensión mentres cambiaba unhas chapas en altura.

Os feitos ocorreron na Avenida de Domingo Bueno, ao fío das 13:50 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar do sucedido.

A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros do Porriño e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente laboral, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Porriño baixaron ao operario do tellado e foi atendido nunha ambulancia polos efectivos sanitarios. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o traballador atopábase consciente e aparentemente ben.