Un operario, ferido grave tras sufrir unha caída en Sanxenxo

Por o 10/10/2018 | Sección: Sucesos
Un operario, ferido grave tras sufrir unha caída en Sanxenxo

Un operario resultou ferido grave a causa dunha caída de altura en Sanxenxo.

Foi un particular quen ás 16:30 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un albanel que acababa de sufrir unha caída cando traballaba nunha obra en execución no lugar de Areas. Decontado, desde o 112, avisouse aos profesionais sanitarios, que enviaron á zona a un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Ademais, ao lugar do accidente acudiron os membros do GES de Sanxenxo e os axentes da Policía Local.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.