Un operario ferido na Pobra do Brollón ao caerlle unha póla dunha árbore encima

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Sucesos

Un operario ferido na Pobra do Brollón ao caerlle unha póla dunha árbore encima

Un traballador resultou ferido a pasada tarde ao caerlle unha póla encima mentres traballaba no monte, concretamente no lugar de Pinel, na Pobra do Brollón.

Os feitos tiveron lugar uns minutos antes das 18:45 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral.

Nada máis ter constancia, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar do suceso, aínda que, finalmente, o operario foi evacuado nunha ambulancia ao hospital de Monforte.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil.