Un operario resultou falecido e outro ferido grave ao derrubarse o teito que estaban arranxando en Lobeira

Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Sucesos

Un operario resultou falecido e outro ferido grave ao derrubarse o teito que estaban arranxando en Lobeira

Un traballador faleceu e outro resultou ferido de gravidade ao virse abaixo o teito que estaban arranxando nunha vivenda de Lobeira.

Tras recibir a alerta ás 17 horas de hoxe, o persoal do 112 Galicia activou un operativo no que participaron os profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil, efectivos do GES de Lobios e voluntarios de Protección Civil.

Con todo, o equipo médico nada puido facer por salvar a vida dun dos operarios que faleceu ao derrubarse o teito dun soportal que estaban reparando nunha casa do Lugar das Conchas, no concello ourensán de Lobeira. Ademais, o seu compañeiro resultou ferido grave, polo que foi evacuado no helicóptero con base en Ourense ao centro hospitalario de referencia.

Herido de consideración en Coristanco

Por outra banda, outro operario resultou ferido de consideración ao caerlle enriba un portal cando traballaba en Coristanco.

Debido ás diversas fracturas que presentaba, o home tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en helicóptero.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasados uns minutos das 13 horas de hoxe no Lugar de Montecelo. Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación do ferido que, pese ás diversas fracturas que presentaba, estivo consciente en todo momento.

Co obxectivo de colaborar co equipo médico na atención do traballador, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que tamén prestaron axuda nas labores de aterraxe da aeronave.

Comentar noticia

Your email address will not be published.