Un operario resultou ferido en Cuntis tras sufrir unha descarga eléctrica

Por o 05/06/2018 | Sección: Sucesos
Un operario resultou ferido en Cuntis tras sufrir unha descarga eléctrica
Compartir en:

Un operario foi trasladado esta mañá despois de sufrir unha descarga eléctrica mentres realizaba o seu traballo.

Os feitos ocorreron ao fío das 10:00 horas, nunha empresa situada en Troáns, Cuntis. Foi a esa hora, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia sanitaria urxente para un traballador que acababa de recibir unha descarga eléctrica e non reaccionaba.

Dende o 112 Galicia nada mais recibir a alerta, informouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Segundo se lle comunicou ao persoal do CIAE o ferido foi trasladado –consciente- ao Hospital Domínguez polo persoal sanitario.