Un operario sofre unha caída desde o tellado da casa na que traballaba en Santa Comba

Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Sucesos

Un operario sofre unha caída desde o tellado da casa na que traballaba en Santa Comba

Un operario foi evacuado esta mañá de urxencia despois de caer do tellado da casa na que traballaba en Santa Comba.

O estado deste traballador autónomo accidentado foi empeorando co paso dos minutos, polo que os servizos sanitarios de urxencia trataron de axilizar o seu traslado ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).

Pasaban das dez da mañá cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar da caída dun operario que estaba a traballar unha casa do lugar da Castiñeira. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén alertados polo empeoramento do estado do ferido, como indicaron as persoas que chamaron ao 112 para informar.

Así, foi evacuado ao CHUAC para ser sometido a un recoñecemento médico debido ás lesións que presentaba. Ademais, o equipo médico contou coa colaboración dos axentes da Policía Local de Santa Combas e da Garda Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.