Un parapentista ferido ao bater contra unha ladeira en Baiona

Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Baiona,Galicia,Sucesos

Un parapentista ferido ao bater contra unha ladeira en Baiona

Unha persoa resultou ferida ao bater contra unha ladeira mentres practicaba parapente na parroquia de Belesar, no concello de Baiona.

O suceso tivo lugar un minutos despois das 19:00 horas da pasada tarde. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do acontecido. No seu relato informaba dun parapentista ferido tras caer despois de bater contra a ladeira do Alto Corteguiño, ademais atopábase nun lugar de difícil acceso.

Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron puxeron os feitos en coñecemento do persoal do 061-Urxencias Sanitarios, dos Bombeiros de Baixo Miño e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informouse da situación aos membros do GES de Valmiñor, da Policía Local da localidade e do Servizo Aéreo de Rescate. O Servizo de Gardacostas de Galicia tamén foi informado do suceso por si fose precisa a intervención do helicóptero de Salvamento para o rescate do ferido.

Finalmente, descartouse a intervención da aeronave ao poder ser rescatado, o ferido, nunha padiola. Así o comunicaban os axentes da Garda Civil ao 112 Galicia. Unha vez rescatado, o persoal sanitario trasladou nunha ambulancia ao parapentista ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.