Un parapentista ileso ao engancharse o aparello que manexaba nun farol en Oia

Publicado por o día 29/02/2020 na sección de Galicia,Oia,Sucesos

Un parapentista ileso ao engancharse o aparello que manexaba nun farol en Oia

Un parapentista resultou ileso esta tarde despois de que o aparello que manexaba se enganchase nun farol en Oia.

O accidente tivo lugar nas proximidades do Mosteiro de Santa María, ao fío das 15:20 horas.

Nese momento, o propio involucrado no incidente contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. No seu relato indicaba que precisaba axuda para descolgar a tea do parapente.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros do Baixo Miño e do GES da Guarda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.