O Concello de Pontevedra comezou esta semana traballos de mellora na rúa José Malvar -na parte alta da rúa (xunto a Loureiro Crespo)- para acondicionar un espazo de terra situado entre a beirarrúa e o peche da vía do tren. É un terreo que quedou fóra do ámbito da vía que agora se incorpora á beirarrúa.
A actuación consistirá na ampliación da beirarrúa coa colocación de máis enlousado e a montaxe dun pequeno xardín que permita harmonizar o peche da vía co entorno.
Aínda que se trata dun pequeno espazo do barrio, o Concello considera moi importante ir acondicionando estes recunchos para mellorar a imaxe de toda a cidade, como a próxima intervención na zona verde de Joaquín Costa con Poza dos Canos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.