Un pescador foi rescatado tras sufrir un accidente en Portodemouros, Vila de Cruces

Por o 10/09/2018 | Sección: Eventos
Un pescador foi rescatado tras sufrir un accidente en Portodemouros, Vila de Cruces

Os Bombeiros do Deza rescataron hoxe á tarde a un pescador ferido no encoro de Portodemouros, en Vila de Cruces.

Un compañeiro do pescador chamou ao 112 Galicia ao fío da unha desta tarde para solicitar asistencia médica urxente debido ás importantes feridas que o pescador presentaba nun pé. Ademais, atopábase nunha zona de difícil acceso para os vehículos rodados, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros da zona. Igualmente, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración das forzas de seguridade da localidade e tamén da Garda Civil.

Finalmente, o home puido ser atendido polo equipo da ambulancia desprazado ata o lugar máis próximo e, posteriormente, evacuado ao Hospital Clínico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.