Un plan de choque contra o paro capaz de crear novos empregos produtivos e de utilidade social

Publicado por o día 12/05/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Un plan de choque contra o paro capaz de crear novos empregos produtivos e de utilidade social

1.- Redución dun 10% dos gastos innecesarios, atallando o despilfarro, os privilexios da clase política e a corrupción nos orzamentos municipais para adicar ese diñeiro ao investimento en creación de postos de traballo produtivos ou de utilidade social.

Eliminar tarxetas, dietas como as de asistencia a reunións, viaxes…

Redución drástica de asesores e cargos de libre designación, incompatibles cando haxa funcionarios municipais que poidan cumprir esa función..

Esta medida permitiría aforrar 90,5 millóns de euros na próxima legislatura.

2.-Negociar coas entidades financeiras do municipio un convenio municipal para a creación dun Fondo especial para o Fomento do emprego, proporcional ao diñeiro público inxectado nelas no rescate bancario. Así como facilitar o crédito a pymes e familias que active a actividade económica do municipio.

Rescatamos a Novagalicia Banco con 9.000 millóns de diñeiro público. Para logo entregalo ao capital estranxeiro por só 741 millóns.

Podemos esixir que se destinen ao desenvolvemento de Vigo e o seu comarca un fondo de polo menos 500 millóns de euros dos seus activos (valorados en 52.419 millóns de euros) durante os próximos catro anos.

3.-Auditoría da débeda municipal. Para establecer como se xenerou, quen e que empresas e entidades financeiras se benefician do diñeiro público, prestando unha atención especial aos sobrecustos das obras públicas e os servizos. Desde aquí negociar cos acreedores unha “quita” cando sexa ilexítima e unha moratoria no pago…

No último orzamento municipal aprobado destináronse 11,34 millóns de euros a pagar a débeda municipal. Ese diñeiro foi a parar ao BBVA e os novos propietarios de Novagalicia, banco que foi rescatado con diñeiro público.

Renegociando o pago da débeda poderiamos aforrar 45,36 millóns de euros do orzamento municipal nos próximos catro anos.

Con estas tres medidas dispoñeriamos dun fondo de 635,86 millóns de euros para investir na loita contra o paro, que permitirían crear 25.000 novos empregos na próxima legislatura. O que permitiría reducir a un 25% a actual taxa de paro na cidade de Vigo.