Un policía nacional evita o roubo dunha mochila na praia de Samil no seu día de descanso

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un policía nacional evita o roubo dunha mochila na praia de Samil no seu día de descanso

Unha unidade de BAHIAS (Patrulla de Costa e Praia) atopábase o vierenes ás 18:45 horas, no aparcamento anexo ao Centro de Coordinación de Samil atopábanse axentes da Policía Local de Vigo denunciando un vehículo mal estacionado, foron inmediatamente requiridos por varios cidadáns próximos, para que se dirixisen preto do local Marine Cíes onde se estaba levando a cabo un furto.

Acudiron ao lugar á carreira, observando a un home retendo a outro e próximo a estes atopábase unha muller en estado de axitación. Esta última dirixiuse aos actuantes para comunicarlles que lle acababan de furtar ao descoido a súa mochila da praia.

O home que está a reter á outra persoa foi testemuña do sucedido e botou a correr tras o autor do furto interceptándoo.

Ao lugar acudiron en apoio outros axentes, encargándose de tomar declaración á prexudicada mentres os Actuantes desde o inicio da intervención facíanse cargo da identificación da testemuña e do autor dos feitos.

A testemuña identifícase como Policía Nacional, mentres o autor do delito leve de furto identifícase como J. J. F. G, natural de Vigo e de 42 anos de idade.

A prexudicada resultou ser M. L. M, de 48 anos de idade, que se atopaba refrescándose na beira do areal da praia, máis concretamente fronte ao centro de coordinación, cando se decatou de que un home vestido de gris estaba a furtarlle a súa mochila.

Ao instante comezou a gritar co fin de que algún bañista interceptase ao home. Nese momento o policía nacional franco de servizo, levantouse da súa toalla e comezou a perseguilo mentres o citado fuxía á carreira en dirección avenida de Samil, onde finalmente foi interceptado.

A vítima recuperou por tanto, a mochila como todas as pertenzas que portaba no interior, aveños que non superan o valor de 400€. Aínda que manifestou a súa firme intención de presentar denuncia polo sucedido, indicándoselle os pasos para seguir.

Comentar noticia

Your email address will not be published.