Un proxecto desenvolverá alimento mariños sustentables

A iniciativa europea ‘Seafood Age’, coordinada polo CSIC, abarca desde a pesca ata o envasado e a etiquetaxe intelixente para garantir a calidade e seguridade
Publicado por o día 14/05/2019 na sección de CSIC,Galicia,Vigo

Un proxecto desenvolverá alimento mariños sustentables
  • A iniciativa europea ‘ Seafood Age’, coordinada polo CSIC, abarca desde a pesca ata o envasado e a etiquetaxe intelixente para garantir a calidade e seguridade.
  • O estudo utilizará descartes de pesca, algas e outros ingredientes obtidos a partir destes para elaborar un produto alimentario listo para o consumo.

A cadea de valor alimentaria, desde a pesca ata o envasado e a etiquetaxe do produto. O estudo utilizará descartes da pesca, algas e outros ingredientes obtidos a partir deles para elaborar un produto alimentario listo para o consumo. Os socios do proxecto, financiado polo programa europeo Interreg Atlantic Area con dous millóns de euros, reuníronse hoxe no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo para presentalo.

“O envellecemento da poboación supón un gran reto socio-económico, e para que sexa saudable require unha dieta adecuada”, explica a investigadora do CSIC Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. “Os alimentos mariños ofrecen nutrientes esenciais para unha dieta saudable, pero non sempre son accesibles”, engade. “O proxecto Seafood Age adoptará a economía circular para elaborar alimentos mariños orientados a un envellecemento saudable, para producir novos eco-envases e xerar unha etiqueta intelixente para lograr unha máxima calidade e seguridade, e unha mínima perda de alimentos”, detalla a investigadora.

O proxecto Seafood Age: Procesos e produtos da pesca intelixentes e eco-innovadores para un envellecemento saudable conta coa participación de 14 socios e 6 asociados, de varios países: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.