Un proxecto europeo con participación do CIFP A Granxa (Ponteareas) recoñecido como ‘Historia de éxito’ por Erasmus+

Vitea ten como obxectivo unificar criterios para deseñar unha certificación ou carnet profesional de podador/a de viña, que teña validez a nivel europeo
Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Galicia,Ponteareas,Xunta de Galicia

Un proxecto europeo con participación do CIFP A Granxa (Ponteareas) recoñecido como ‘Historia de éxito’ por Erasmus+

O proxecto europeo Vitea, con participación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do CIFP A Granxa (Ponteareas) acaba de ser seleccionado por un panel de expertos como Story Success, segundo comunicou a Dirección Xeral de Educación, Xuventude, Deportes e Cultura da Comisión Europea. A raíz deste recoñecemento, a iniciativa estará aloxada na Plataforma de Resultados do Programa Erasmus+, unha base de datos na que se recollen o conxunto de boas prácticas e historias de éxito, é dicir, proxectos que se distinguen en termos de relevancia política, potencial de comunicación, impacto ou deseño.

O proxecto educativo Vitea céntrase na demanda de profesionais formados para a realización da poda das vides, tanto a de inverno como a verde. Nesta iniciativa participan compañías de servizos de poda da vide, centros de formación profesional e unha institución certificativa.

O obxectivo deste proxecto é unificar criterios para deseñar unha certificación ou carnet profesional de podador/a de viña, que teña validez a nivel europeo. Neste sentido cómpre sinalar que en todos os países participantes na iniciativa desenvólvese a poda como un traballo na viticultura pero, polo xeral, os curso corresponden ao nivel de podador principiante, polo que os viticultores teñen problemas para atopar traballadores cualificados. Para los solicitantes de emprego, o coñecemento da poda supón unha posibilidade de atopar emprego para todo o ano.

A Consellería de Educación participou como socio no proxecto VITEA, enmarcado no programa Erasmus + (acción KA2) no período 2015-17. Neste proxecto coordinado por EPLEFPA du Périgord (Francia) participou tamén o CIFP A Granxa así como institucións de países como Austria, Eslovenia, Italia, Portugal e Hungría.

Comentar noticia

Your email address will not be published.