Un recurso de Vigo Histórico paraliza a construción do túnel da Porta do Sol

Publicado por o día 19/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Un recurso de Vigo Histórico paraliza a construción do túnel da Porta  do Sol

A construción do túnel de Pórtaa do Sol terá que dirimirse legalmente. A asociación Vigo Histórico, favorable á peonalización pero contraria ao paso subterráneo, presentou un recurso ante o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais de Galicia por considerar a contratación do proxecto nula de pleno dereito.

Desta maneira, o inicio dos traballos queda no aire durante polo menos dúas semanas. Un prazo que mesmo podería chegar aos dous meses. O tempo, en todo caso, que o mencionado tribunal tarde en pronunciarse. A asociación argumenta no seu escrito que a actuación que se pretende levar a cabo non se corresponde coa realidade e que hai inmobles cuxas características non se reflicten adecuadamente no proxecto.

O Recurso

O recurso presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia solicita a anulación do acordo de xunta de goberno que adxudicou a obra (o pasado 26 de setembro) por considerar que provén doutro acordo, o do pasado 3 de maio, no que se deu luz verde ao proxecto e que, segundo os recorrentes, é non se axusta a Dereito.

Así, sosteñen que o proxecto, tal e como foi deseñado, non se pode executar, porque os planos utilizados “non reflicten a realidade construtiva das edificacións” da zona pola que iría o túnel. A ese respecto, denunciaron que non se fixeron catas estruturais e que, polas características do subsolo, habería un “grave e inminente risco de derrube dos edificios afectados”.

Así mesmo, sinalaron que tampouco se cumpriron os requirimentos legais no proceso de licitación, porque non se xustifica adecuadamente a necesidade desta actuación. Unha actuación que, por outra banda, non ten encaixe no PEPRI do Casco Vello. segundo afirmaron.

Finalmente, no recurso apuntan que a obra non cumpre os obxectivos recolleitos no regulamento dos fondos FEDER (a reforma da Porta do Sol se financie con fondos da UE), e que é contraria ás políticas ambientais impulsadas desde Bruxelas, porque ao contrario de suprimir o tráfico no centro da cidade, increméntao.

O Alcalde

Nunha rolda de prensa, o rexedor confirmou a presentación deste recurso por parte de (entre outros) a Asociación pola Defensa de Vigo Histórico, á que se referiu como “asociación pola defensa das casas duns poucos”, que “cren que a cidade é deles e queren manter os seus privilexios”.

O alcalde ameazou esta mañá con “dar os nomes de quen é e o que pretenden”, que na súa opinión é “obstaculizar e paralizar a cidade” cunha actitude “ pretenciosa”. Así, aínda que Abel Caballero recoñeceu que o recurso “atrasará uns días” o inicio das obras -podería ser entre dúas semanas e dous meses-, mostrouse seguro de que “lles gañaremos e contestaremos en forma e prazo”.

 

 

Una respuesta para "Un recurso de Vigo Histórico paraliza a construción do túnel da Porta do Sol"

  1. Gamela   19/10/2019 at 12:18

    Abel acusando á cidadanía por “pretenciosa” semella chiste de mal gusto !

    Ogallá o Tribunal sexa imparcial e tome o seu tempo para valorar o tema !

    Gracias á Asociación Defensa Vigo Histórico !!! (agora na lista negra de Abel)

    Protexédevos dos Idus de Marzo !!!

    https://twitter.com/GamelaNova/status/1176053032506859520

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.