Un relato para explicar o conflito dos medicos e medicas de Atención Primaria de Vigo

Publicado por o día 21/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Un relato para explicar o conflito dos medicos e medicas de Atención Primaria de Vigo
Os Pediatras de Atención Primaria estamos especializados en contar contos, relatos de realidades complexas (enfermidade , dor…) para transformalos en historias que sexan comprensibles polos nenos e as súas familias.
 
Tentaremos explicar unha realidade complexa, o Conflito dos Médicos de Atención Primaria, cun relato comprensible.
 
Desde Vigo a narración loxicamente vai de barcos e de mar.
 

A SANIDADE PUBLICA E O TITANIC

 
Imaxinemos que a Sanidade Publica (Sergas) é un transatlántico inmenso e carísimo, que nos custou moitísimo a todos o construílo e mantelo; imos denominar o Titanic.
 
Este inmenso Titanic navega no mar da sociedade, atendendo os seus problemas. Durante anos o transatlántico foise agrandando, a sociedade investía en función das demandas da mesma, os seus Capitáns (Políticos/Xestores) tomaban decisións acertadas para manter o seu funcionamento e investían no mesmo en función das demandas da Sociedade. A poboación accedía ao mesmo polas súas ramplas de acceso de maneira ordenada. Nunca foi un transatlántico de luxo pero funcionaba ben.
 
Hai anos, os Capitáns, coincidindo coa Crise e nunha tormenta social perfecta e de maneira cínicamente consciente, decidiron cambiar o rumbo do barco e dirixilo lentamente contra un inmenso Iceberg, o cal foi xerando danos estruturais na quilla e as cuadernas, provocando gretas cada vez maiores as cales deixan sen mantemento e non reparan(falta de investimentos en novas cuadernas, malos tratos profesionais dos médicos novos os cales abandonan o barco ,non reposición dos médicos que se xubilan…).
 
A través das gretas do Titanic, comezou a entrar o mar inmenso de problemas xerados pola crise, ademais dos que xa tenia a sociedade , asolagando as estruturas básicas do barco cunha demanda incontrolable. O persoal máis cualificado e con máis responsabilidades do barco, os Médicos de Atención Primaria, tentamos durante anos achicar e resolver este mar de demanda asistencial. Cun cinismo total, os nosos capitáns tentaban facernos crer que a culpa era nosa: non xestionabamos ben esa demanda.
 
Os Médicos e o resto da tripulación, comezamos a protestar xa que nos estabamos afogando nós e os nosos pacientes.
 
Ante as nosas protestas os Capitáns ían creando diferentes Orquestras; chamáronlles , Grupos de traballo , Comisións técnicas…. E dixéronlles aos mesmos que tocasen a súa música cada vez con mais forza .Os compoñentes desas orquestras eran como os camiñantes brancos, xa lles tocaba o xeo do iceberg e estaban contaminados pola neo-realidade do mesmo.
 
Outra das decisións tomadas polos nosos Capitáns foi mandar pechar as comportas das cubertas superiores, a Atención Hospitalaria. É a cuberta que eles máis consenten e sérvelles de escaparate ante a sociedade para mostrar o ben que navega o barco. Péchana para que o mar de demanda non lles chegue incontrolado: Listas de espera, Telemedicinas, caixas de correos virtuais (pacientes en espera de cita)… A tripulación das cubertas superiores ve o que esta sucedendo, míranos con simpatía, pero non parece consciente de que o Titanic é un barco e que se a obra viva da Atención Primaria asolágase, o barco, con eles incluídos, afúndese.
 
Por que o conflito agravouse na área de Vigo: a Atención Primaria esta en primeira liña, ocupa a Proa do barco e é a primeira en recibir o impacto do Iceberg (Hospital semiprivado Álvaro Cunqueiro e os recortes que este supuxo para a AP)
 
Canto mais protestabamos, o Sergas máis orquestras creaba e máis nos acusaban de radicais, mentireiros… por non tocar nas súas orquestras. Somos culpables de non afogarnos cos nosos pacientes en silencio.
 
O iceberg leva nas súas interior ideoloxías que atraen cara a el ao Titanic, repiten mantras como que a accesibilidade non se toca, enchendo máis o barco pero sen tapar os buracos por onde entra a auga, así o público non é eficiente e vannos transmitindo disimuladamente que o eficiente é o privado. Levan anos facendo unha xestión que aos poucos foi afundindo o noso barco, os sistemas de saúde públicos. Non cren no estado de benestar e menos no seu buque insignia que é a Sanidade Publica. Queremos un cambio de rumbo neste barco. Non nos moverán ata que o consigamos. Defendemos o noso barco.

COMITÉ DE FOLGA DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA ÁREA DE VIGO

Julia Bóveda Fontan .Marta Delfín Vázquez. María Pilar Fandiño Pena. Alberto García Pazos. Luciano Garnelo Suarez. Ignacio González Yebra-Pimentel. Luis López Vilar. Carmen Loureiro Veloso. Ángeles Lora Sánchez. Julio Enrique Prado Domínguez. Juan Sánchez Lastres. María Jesús Soto Vázquez.

Una respuesta para "Un relato para explicar o conflito dos medicos e medicas de Atención Primaria de Vigo"

  1. Gamela   22/05/2019 at 22:01

    Huston, temos un problema!

    Sen dúbida as Orquestas do Sergas leva demasiado tempo tocando, e moitos médicos colaboracionistas soplaron os clarinetes da eficiencia e mantiveron e mesmo ocultaron deliberadamente as listas de espera…

    Logo viñeron 23 Magníficos que dixeron Basta Xa! E os sindicatos levaron unha labazada nunca vista: Os médicos convertidos en Comité de Folga e convoron 2 días de folga seguida por un 90% dos que antes era Colaboracionistas de Vichy (Sergas)

    Os xestores que administran Morte deben desaparecer do mapa…

    Pero os médicos do Sergas teñen de demostrar que poden xestionar mellor (cos medios necesarios!) que estes que agora están derivando cartos para subvencionar a Sanidade Privada !!!

    Huston, seguimos a ter un problema…

    Dignidade Atención Primaria
    https://youtu.be/e85k0DfROJk

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.