Un sendeirista foi evacuado en helicóptero medicalizado ao sufrir unha caída na Lama

Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Un sendeirista foi evacuado en helicóptero medicalizado ao sufrir unha caída na Lama

O helicóptero medicalizado con base en Santiago dos servizos médicos de urxencia acudiu esta tarde ao concello pontevedrés da Lama para rescatar a un varón que sufriu unha caída na zona das pozas da fervenza da Fírveda

As condicións do terreo, rochoso, esvaradío e de difícil acceso, fixo necesaria a evacuación do ferido na aeronave medicalizada para ser atendido no centro hospitalario de referencia das lesións provocadas pola caída, concretamente, un traumatismo no ombreiro.

Foi un compañeiro do sendeirista que se puxo en contacto co 112 Galicia, preto das 18:30 horas, para informar da situación e solicitar asistencia médica para o home. Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pediuse a colaboración dos Bombeiros do Salnés, dos axentes da Garda Civil e tamén pasouse aviso aos membros de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Hora e media máis tarde, ás 20:00 horas, a mesma aeronave desprazouse ata Salvaterra de Miño para prestar asistencia a un home que foi atopado inconsciente no sendeiro do río Mendo.

O 112 Galicia tivo constancia do desprazamento do helicóptero ao ser informado polo equipo de urxencias sanitarias. De feito, para prestar apoio na aterraxe da aeronave, desde o 112 solicitouse a intervención do GES-SPEIS Ponteareas, dos axentes da Garda Civil e tamén informouse á Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.