Un sólido RC Celta empata no seu debut na liga

Publicado por o día 12/09/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Un sólido RC Celta empata no seu debut na liga

Un sólido RC Celta empatou no seu debut liguero ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi superior. Os de Óscar García foron de menos a máis e gozaron das mellores ocasións do partido.

Os primeiros 45 minutos estiveron marcados pola igualdade, aínda que foron os xogadores celestes os que tiveron as mellores ocasións nas botas de Brais Méndez, Nolito e Emre Mor. O equipo local abusou do xogo directo e a defensa viguesa mostrouse segura e contundente.

Na segunda metade o RC Celta saiu mellor e tomou a posesión do balón, aínda que sen demasiada profundidade. Pouco a pouco foi acumulando chegadas á portería de Dimitrovic e súas foron as mellores ocasións no tramo final.

Iago Aspas alcanza os 200 partidos en Primeira co RC Celta

Iago Aspas alcanzou este sábado ante a SD Eibar os 200 partidos co RC Celta en Primeira División. En todos estes encontros o canteirán celeste suma 101 goles oficiais que lle axudaron para conseguir tres Trofeos Zarra.

Ficha Técnica

0 – SD Eibar: Dmitrovic; Correa, Oliveira, Sergio Álvarez, Bigas; Pedro León (Soares, min 84), Expósito, Diop, Inui (Kadjior, min 60); Enrich (Recio, min 67), Kike García

0 – RC Celta: Iván Villar; Mallo, Aidoo, Araujo, Olaza; Yokuslu, Tapia; Emre Mor (Santi Mina, min 85), Brais (Baeza, min 75), Nolito; Aspas

Árbitro: Pizarro Gómez. Amoestou a Bigas, Sergio, Diop (vermella) (SD Eibar) e a Nolito, Olaza, Okay (RC Celta)

Campo: Ipurúa

Rolda de prensa do mister

O adestrador do RC Celta analiza o punto conseguido en Ipurua tras empatar 0-0 contra a SD Eibar. Un partido moi disputado no que os celestes gozaron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.