Un teléfono móbil causa un incendio en Poio

Publicado por o día 12/10/2018 na sección de Sucesos

Un teléfono móbil causa un incendio en Poio

No concello pontevedrés de Poio rexistrouse outro incendio provocado por un teléfono móbil. Ocorreu ás 6:20 horas desta madrugada, cando os ocupantes da vivenda sentiron un estouro e inmediatamente comezou a arder un móbil enchufado á rede eléctrica para renovar a carga. O incendio colleu magnitude e arrasou un sofá e afectou ao resto da vivenda debido á nube de fume que se formou. Por fortuna, ninguén resultou afectado.

Tras recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Ribadumia, Pontevedra e membros do GES de Sanxenxo que se dirixiron ao domicilio situado no lugar de Valiña para sufocar o lume. No operativo tamén interviñeron os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Poio.