Un terceiro transporte especial ao Porto, polo Paseo das Avenidas

O Concello de Vigo coopera cos transportes especiais que entran e atravesan a cidade para dar servizo ao Porto de Vigo, tres vehículos de 120 toneladas no prazo de dez días que empregan o Paseo das Avenidas e rompen as baldosas.
Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Un terceiro transporte especial ao Porto, polo Paseo das Avenidas

O Concello de Vigo coopera cos transportes especiais que entran e atravesan a cidade para dar servizo ao Porto de Vigo, tres vehículos de 120 toneladas no prazo de dez días que empregan o Paseo das Avenidas e rompen as baldosas.

Un terceiro camión de 120 toneladas atravesou o pasado venres o céntrico Paseo das Avenidas, o terceiro nos últimos dez días, segundo indicou este luns Abel Caballero, quen anotou que o paso destes vehículos de gran tonelaxe rompe as baldosas de pedra, non o uso cidadá.

O Concello colabora cos transportes especiais, que neste caso entraron os tres pola Avenida de Madrid no seu camiño ao Porto de Vigo, onde desembarcan as pezas. Os días 21, 25 e o pasado venres, 28 de marzo, camións de 120 toneladas atravesaron a cidade e empregaron o Paseo das Avenidas.