A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo do curso 2019/20. En total serán 80 os centros públicos de toda Galicia – 30 deles de nova incorporación- que participen nesta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar. Na provincia de Pontevedra incorpóranse ao programa 12 centros e outros 22 renovan a súa participación.
Nova incorporación
Os centros de nova incorporación recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio. Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.
A seguinte táboa reflicte os centros de nova incorporación na provincia:
Moaña CEIP de Quintela
Mos CEIP de Atín-Cela
Pontevedra CEIP de Parada-Campañó
Porriño, O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
Redondela CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
Tui CRA Mestra Clara Torres
Vigo CEE Saladino Cortizo
Vigo CEIP García Barbón
Vigo IES Valadares
Vila de Cruces CEIP de Cerdeiriñas
Vilagarcía de Arousa CEIP de Vilaxoán
Vilanova de Arousa CEIP Plurilingüe de San Bartolomé
Continuación
Pola súa banda os centros que continúan no programa recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o
funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.
Os centros que renovan a súa participación na provincia son os reflectidos na seguinte táboa:
Agolada CEIP de Agolada
Bueu CEIP Plurilingüe da Torre-Cela
Cambados CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Cerdedo-Cotobade CEIP Plurilingüe de Carballedo
Crecente CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
Estrada, A CEIP de Figueiroa
Grove, O CEIP Valle-Inclán
Lama, A CEIP A Lama
Marín CEIP de Seixo
Meis CRA de Meis
Moaña CEIP de Seara
Mos CEIP Pena de Francia
Poio CEIP Plurilingüe de Chancelas
Portas CPI Domingo Fontán
Redondela CEIP de Laredo
Rosal, O CPI Manuel Suárez Marquier
Sanxenxo CEIP Plurilingüe Nantes
Silleda CEIP Ramón de Valenzuela
Tomiño CEP Pedro Caselles Beltrán
Tui CEIP Plurilingüe Nº 1
Valga CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
Vila de Cruces IES Marco do Camballón
Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.