Un total de 41 médicos de familia tomaron hoxe posesión das súas prazas na área sanitaria de Vigo

Os 31 facultativos que aprobaron a oposición decidiron todos quedarse a traballar na área de Vigo; ademais, se sumaron tamén outros 10 médicos doutras áreas sanitarias que elixiron praza en Vigo
Publicado por o día 13/11/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Un total de 41 médicos de familia tomaron hoxe posesión das súas prazas na área sanitaria de Vigo

Un total de 41 facultativos de atención primaria tomaron hoxe posesión da súas prazas, nun acto presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio Garcia Comesaña, na dirección de Atención Primaria en Rosalía de Castro. Trátase da maior incorporación de facultativos á Atención primaria viguesa dos últimos anos.

Trala elección de destinos do pasado sábado 26 de outubro, as/os 31 médicas/os de atención primaria que tiñan aprobada a OPE (Oferta pública de Emprego) e estaban traballando na área de Vigo, optaron todos eles por quedarse nesta área, polo que a atención primaria viguesa non perdeu por tanto a ningún efectivo.

Ademais, se incorporan 10 médicos máis, 9 da OPE e 1 do Concurso de Traslados na nosa área, o que supón un importante incremento de persoal estable, pasando dunha porcentaxe de 73,20% ao 82,36% de persoal fixo na categoría de médico de familia.

Os postos elixidos foron en Puntos de Atención Continuada de Val Miñor, Redondela, Cangas-Moaña, Cañiza, A Garda, Porriño e Tui. En centros de saúde, o de Pintor Colmeiro, Doblada, A Garda, Cangas, Coia, Salvaterra de Miño, O Rosal, Casco Vello, Moaña, Gondomar, Ponteareas, Teis, Tui, O Porriño e A Garda.

Máis prazas e novos médicos

A estas novas incorporacións hai que engadirlle as 3 novas prazas creadas de médico de familia nos centros de saúde de Coia, Lavadores e Ponteareas do Plan Galego de Atención Primaria, que se incorporaron o pasado 4 de novembro. Ademais, nos próximos meses, o SERGAS dotará a área viguesa de máis prazas de médico de familia de nova creación, entre 4 e 6. A incorporación de novas prazas continuará tanto en 2020 como en 2021.

En definitiva, a Área Sanitaria de Vigo espera incorporar en vindeiras datas, entre 7 e 9 facultativos a prazas de nova creación, ademais dos 10 facultativos que se incorporaron

doutras áreas, sendo unha das incorporacións mais importantes nos últimos anos. Para o emprazamento das novas prazas priorizarase, entre outros criterios, a existencia de prazas docentes no centro de saúde .

Por outra banda, tamén nestes días se incorporan dous facultativos que ata agora non estaban no SERGAS co novo contrato de continuidade, acadando agora mesmo un total de 8 contratos deste tipo .

A consellería de Sanidade esta a realizar un importante esforzo na xestión dos Recursos Humanos, co obxecto de darlle estabilidade laboral aos profesionais establecendo os procesos selectivos pertinentes para dotarlles de vinculo fixo, así como incrementar as prazas dos cadros de persoal dos centros de saúde.