Un total de 69 centros educativos galegos amplían ou incorporan este curso o modelo plurilingüe

A maiores, as seccións bilingües increméntanse ata chegar a un total de 4.647 en 727 centros educativos
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Educación

Un total de 69 centros educativos galegos amplían ou incorporan este curso o modelo plurilingüe

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta onte o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, na localidade coruñesa de Boiro, un centro dos máis veteráns no modelo plurilingüe, ao que se incorporou no ano 2011. Neste contexto a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia anunciou que este ano se incorporan ou amplían o modelo plurilingüe (nas modalidades de centros plurilingüe en Primaria ou ESO, PlurInfantil, PluriBach ou PluriFP) un total de 69 centros educativos de toda Galicia.

Deste xeito, en Galicia hai xa 377 centros con plurilingüismo en Primaria ou ESO (ou en ambas etapas), 171 con PluriInfantil (que contan tamén, na súa maioría, con plurilingüismo en Primaria), 13 con PluriBach (que tamén pode ser combinado con outra etapa) e 23 imparten ciclos formativos de FP nalgunha lingua estranxeira. A maiores, as seccións bilingües increméntanse este curso ata chegar a un total de 4.647 en 727 centros educativos.

Para dar apoio a estes estudantes beneficiados, arredor de 110.000 alumnas e alumnos, a Consellería pon ao servizo da comunidade educativo un total de 617 auxiliares de conversa neste ano académico.

A relación dos centros que se incorporan este ano ao plurilingüismo ou suman algunha etapa é a recollida no seguinte cadro:

 

Provincia Concello Nome Etapa
Coruña (A) A Coruña CPR Plurilingüe Compañía de María Pluribach
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón Pluribach
CEIP Wenceslao Fernández Flórez Educación primaria
Educación infantil
Ames CPR Alca Educación primaria
Arteixo EEI de Barrionovo Educación infantil
Arzúa CPR Ntra. Sra. del Rosario Educación primaria
Educación infantil
Betanzos CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Educación secundaria obrigatoria
Educación infantil
Carballo CEIP de Nétoma-Razo Educación primaria
Carnota CEIP de Carnota Educación primaria
Cerceda CPI Plurilingüe O Cruce Educación Secundaria Obrigatoria
Dumbría CEIP Santa Eulalia de Dumbría Educación primaria
Ferrol CPR San Rosendo Educación primaria
CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira Educación infantil
Laxe CPI Plurilingüe Cabo da Area Educación infantil
Monfero CPI Plurilingüe Virxe da Cela Educación infantil
Mugardos CEIP Unión Mugardesa Educación primaria
Ponteceso CRA Nosa Señora do Faro Educación infantil
Ribeira CEIP Plurilingüe de Palmeira Educación infantil
Santa Comba CEIP Barrié de la Maza Educación primaria
Santiago de Compostela CPR Plurilingüe Casa do Neno Educación infantil
CPR Plurilingüe Compañía de María Pluribach
CPR Plurilingüe Vilas Alborada Educación infantil
IES Plurilingüe Rosalía de Castro PluriFP
IES A Pontepedriña PluriFP
Lugo Alfoz CEIP do Castro de Ouro Educación primaria
Antas de Ulla CEIP de Antas de Ulla Educación primaria
Cospeito CPI Plurilingüe Virxe do Monte Educación infantil
Foz CEIP de Foz nº 1 Educación primaria
Guntín CPI Plurilingüe Tino Grandío Educación infantil
Lugo CPR Plurilingüe La Milagrosa Educación infantil
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes PluriFP
Meira CEIP Poeta Avelino Díaz Educación primaria
Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo Pluribach
O Valadouro CEIP Santa María do Valadouro Educación primaria
Ourense Lobios CEIP do Xurés Educación primaria
Monterrei CRA de Monterrei Educación infantil
O Pereiro de Aguiar CPR Plurilingüe Miraflores Educación Secundaria Obrigatoria
Ourense CEIP Inmaculada Educación primaria
Rairiz de Veiga CEIP Carlos Cid Arregui Educación primaria
Rubiá CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño Educación infantil
Pontevedra Bueu CEIP Plurilingüe da Torre-Cela Educación infantil
Cambados CEIP Plurilingüe de Castrelo Educación infantil
Gondomar CEIP Chano Piñeiro Educación primaria
Moaña CEIP de Reibón Educación primaria
Mos CEIP Pena de Francia Educación primaria
O Porriño CEIP Xosé Fernández López Educación primaria
Poio CEIP Isidora Riestra Educación primaria
Ponteareas CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera Educación infantil
Pontevedra CEIP Plurilingüe Froebel Educación infantil
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús Educación infantil
Redondela CEIP de Reboreda Educación primaria
CPR Plurilingüe Vigo Pluribach
Salceda de Caselas CRA Raíña Aragonta Educación infantil
Sanxenxo CEIP Plurilingüe Nantes Educación infantil
Tomiño CEP Pedro Caselles Beltrán Educación primaria
Tui CRA Mestra Clara Torres Educación infantil
Valga CRA de Valga Educación infantil
Vigo CEIP Santa Mariña Educación primaria
CEIP Plurilingüe Paraixal Educación infantil
CPR Plurilingüe Compañía de María Educación infantil
CPR Plurilingüe Labor Educación Secundaria Obrigatoria
CPR San José de Cluny Educación primaria
Educación Secundaria Obrigatoria
CPR Plurilingüe Andersen Augalonga Educación Secundaria Obrigatoria
EEI Monte do Alba Educación infantil
CPR Plurilingüe Bouza Brey Educación Secundaria Obrigatoria
Vila de Cruces CEIP de Cerdeiriñas Educación primaria
Vilaboa CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez Educación infantil
Vilagarcía de Arousa CEIP de Rubiáns Educación primaria
Vilanova de Arousa CEIP Xulio Camba Educación primaria

Cómpre sinalar que as diferentes accións que a Consellería desenvolve en prol da mellora da competencia do alumnado en idiomas enmárcanse na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ata hai tres cursos, a ensinanza plurilingüe estaba implantada nas etapas obrigatorias, é dicir, Primaria e Secundaria, pero desde o curso 2017/18 ábrese tamén a Infantil, Bacharelato e Formación Profesional.

Durante a súa visita ao centro boirense a conselleira felicitou a comunidade educativa polo seu traballo arredor do modelo plurilingüe, así como pola súa implicación noutras iniciativas impulsadas pola Consellería, tales como os contratos-programa.

Non en balde, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro desenvolveu o pasado curso as liñas 1 e 2 dos mesmos. A primeira liña, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Pola súa banda, a liña 2 céntrase nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. O desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.