Un total de cinco empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma da farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

A actuación dividirá a área de Farmacia do CHUS en catro zonas homoxéneas, destinadas ao almacenaxe, vestiarios, salas para a elaboración de medicamentos e terapia xénica, e farmacotecnia

Un total de cinco empresas veñen de presentar ofertas para executar as obras de reforma da farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Para levar a cabo esta mellora, a Xunta destinará máis de 1,5 millóns de euros.

Esta obra incidirá en 725 metros cadrados da área de Farmacia do complexo hospitalario santiagués, dotándoa de catro zonas homoxéneas, que quedarán divididas en espazos para almacenaxe, vestiarios, salas para a elaboración de medicamentos e terapia xénica, e instalacións destinadas á farmacotecnia.

Ademais, estableceranse circuítos diferentes para cada un dos fluxos de produción, nomeadamente: materiais para fabricación, medicamentos elaborados, persoal e residuos. Estes circuítos evitarán posibles contaminacións, mantendo o criterio axeitado da cadea de presións, ben sexa para a fabricación de produtos estériles ou para o procesamento de produtos víricos, citotóxicos ou bioperigosos.

Deste xeito, a solución proxectada será un garante de seguridade que repercutirá nun triple eido, ao incidir nos pacientes, no persoal, e tamén ao medio ambiente.

O presuposto total da obra ascende a 1.519.437 euros, contando cun prazo aproximado de execución de catro meses.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario