Un total de quince empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso por un investimento de preto de 650.000 euros

O proxecto prevé a actuación no tramo de 2,16 quilómetros máis próximo á cidade de Pontevedra, desde o final da travesía de Ponte Caldelas, no p.q. 0+420, ata a entrada da travesía de Laxoso, no p.q. 2+580
Publicado por o día 06/04/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Un total de quince empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso por un investimento de preto de 650.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de recibir as ofertas dun total de 15 para executar as obras de mellora na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso, cun orzamento de preto de 650.000 euros.

As empresas interesadas na realización desta actuación disporán dun prazo de execución duns 8 meses, a partir da formalización do contrato de adxudicación.

Trátase dunha actuación no tramo de 2,16 quilómetros máis próximo á cidade de Pontevedra, que discorre polo Concello de Ponte Caldelas, desde o final da travesía de Ponte Caldelas, no punto quilométrico 0+420, ata a entrada da travesía de Laxoso, no punto quilométrico 2+580.

Esta intervención proxecta a ampliación da calzada, que actualmente ten entre 5 e 5,5 metros, ata acadar un ancho de 7 metros, e pequenas rectificacións de trazado. Ademais executaranse cunetas tendidas de seguridade nos tramos nos que se precisen, aproximadamente nuns 1,6 quilómetros da estrada.

A mellora da seguridade viaria da estrada PO-234 foi dividida en tres fases. A primeira xa foi executada entre Aguasantas e Portasouto, no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.