Un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense desprazouse hoxe á Pobra de Trives para atender a un traballador que caeu por unhas escaleiras.
O accidente produciuse ás 16:30 horas desta tarde no lugar da Encomenda, tal e como indicou a persoa particular que solicitou axuda a través do 112 Galicia.
A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a bordo do helicóptero con base en Ourense. Ademais, contaron coa colaboración dos membros do GES de Castro Caldelas e dos axentes da Garda Civil.
Noticias de última hora en Vigo