Un traballador perde a vida mentres manipulaba uns cables de media de tensión en Coirós

Publicado por o día 16/11/2019 na sección de Sucesos

Un traballador perde a vida mentres manipulaba uns cables de media de tensión en Coirós

Un operario faleceu esta mañá mentres traballaba na manipulación nuns cables de media tensión no termo municipal coruñés de Coirós.

Ocorreu ao fío das 10:15 horas, no polígono industrial da localidade.

Unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia. Acto seguido, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Betanzos e da empresa subministradora da electricidade.

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.