Un tripulante perde a vida e outro resulta ferido tras un accidente cun hidroavión en Lobios

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do sinistro, un dos tripulantes perdeu a vida. O outro ocupante da aeronave foi evacuado a bordo do helicóptero de rescate de Gardacostas de Galicia. Ambos os dous, de nacionalidade portuguesa, traballaban no operativo de extinción dun incendio forestal declarado en Lobios na noite do pasado venres.
Publicado por o día 08/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Un tripulante perde a vida e outro resulta ferido tras un accidente cun hidroavión en Lobios

Un accidente cun hidroavión sáldase cun tripulante falecido e outro ferido este mediodía. A aeronave traballaba na extinción dun incendio forestal na zona limítrofe con Portugal, no concello ourensán de Lobios. Debido a causas que ata o momento se descoñecen, precipitouse mentres sobrevoaba a área forestal afectada ás 12:35 horas deste mediodía.

Así, a Axencia Galega de Emerxencias activou o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia, ARIEM 112 para tratar de coordinar o operativo de rescate da tripulación e garantir as condicións de seguridade no lugar.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do sinistro, un dos tripulantes perdeu a vida. O outro ocupante da aeronave foi evacuado a bordo do helicóptero de rescate de Gardacostas de Galicia. Ambos os dous, de nacionalidade portuguesa, traballaban no operativo de extinción dun incendio forestal declarado en Lobios na noite do pasado venres.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao recibir a chamada de alerta do Centro de Coordinación de Incendios Forestais. De acordo coa comunicación recibida, era necesaria a mobilización urxente dos equipos de emerxencia para atender aos ocupantes dun hidroavión sinistrado, de frota española pero que prestaba servizo no país veciño.

Desde xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias de Galicia-061 e dos membros de Salvamento Aéreo de Rescate, Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os helicópteros medicalizados e de rescate con fin de prestar apoio ás vítimas coa maior celeridade.

Cómpre sinalar que desde o 112 tamén se solicitou a colaboración dos efectivos de emerxencia portugueses, do GES de Lobios, dos Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova, os axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Celanova.