Un turismo atropela a un peón no Carballiño e continúa a marcha

Publicado por o día 04/02/2019 na sección de Sucesos

Un turismo atropela a un peón no Carballiño e continúa a marcha

Un vehículo continuou a marcha despois de alcanzar a un peón cando atravesa a rúa, preto da estación do tren do Carballiño.

Antes, o vehículo implicado batera contra outro, presumiblemente de forma intencionada.

Todo sucedeu ás 17:30 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun atropelo a un peón no Carballiño nas inmediacións da estación do ferrocarril. Axiña, os xestores de emerxencias informaron do suceso dos Bombeiros do Carballiño, dos axentes da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Así mesmo, pasouse o aviso a Garda Civil e Policía Nacional, que está a investigar os feitos, xa que, previamente o turismo implicado no accidente bateu de forma de intencionada contra outro coche. Por iso, cando trataba de continuar a marcha atropelou a un peón que tivo que ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.