Un vehículo que circulaba en sentido contrario provocou un accidente e puntuais retencións na AP-9F, en Neda

Por o 06/05/2019 | Sección: Sucesos
Un vehículo que circulaba en sentido contrario provocou un accidente e puntuais retencións na AP-9F, en Neda
Compartir en:

Un vehículo que circulaba en sentido contrario, ao paso polo concello coruñés de Neda, provocou un accidente e mesmo algunhas retencións na AP-9F, en Neda. Por fortuna, ninguén resultou ferido.

Foron varias as persoas que as 17:15 horas de hoxe se puxeron en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para alertar dos feitos. Segundo a información recibida polos xestores do CIAE, o vehículo circulaba pola AP-9F en dirección a Coruña polo carril que levaba a Ferrol. Un turismo que trataba de esquivalo bateu contra o bordo da estrada sen que o condutor resultase ferido.

Tras recibir o aviso, desde o 112 Galicia, informouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Ferrol e ao servizo de mantemento da vía.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.