Ás 13:03 horas de onte nas proximidades de Praza América esta vez tratouse dunha colisión bus-moto.
O autobús tras a colisión ausentouse do lugar alegando o seu condutor que tiña présa por atraso no servizo, polo que o motorista realizou unha chamada á Sala de Comunicacións do 092 desta Policía Local ao obxecto de solicitar cita na oficina de atestados e denunciar os feitos, manifestando que previamente se trasladaría ao centro médico Povisa para ser tratado por molestias nunha perna.
Non foi necesaria tal reclamación, procedeuse a contactar con Vitrasa para consultar a incidencia informando a empresa que xa tiñan comunicación do contratempo.
O condutor do autobús comunicara á empresa que ao finalizar o servizo realizaría o informe correspondente, feito que se comunicou posteriormente ao motorista, informándolle que despois de ser atendido no centro médico trasladásese ás oficinas da empresa para solicitar a información necesaria para dar cobertura ao correspondente parte amigable.
Noticias de última hora en Vigo