Un vixiante de seguridade da nora de Vigo retén a unha muller que mostraba síntomas de atoparse baixo os efectos de alcol

Publicado por o día 08/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un vixiante de seguridade da nora de Vigo retén a unha muller que mostraba síntomas de atoparse baixo os efectos de alcol

Este suceso tivo lugar este pasado domingo, ás 03:30 horas. Unha chamada telefónica á Sala operativa do 092 da Policía Local de Vigo, un dos vixiantes de seguridade da nora informaba de que tiña retida a unha moza que circulara cunha moto pola beirarrúa e atopábase en estado ebrio.

Ao lugar desprazouse unha unidade, atopando á citada en compañía do solicitante do servizo.

Segundo manifestación do mesmo, a condutora circulaba pola Praza de Compostela en sentido contrario, dirección cale Arenal, quedando encaixada na pasarela de acceso á nora cando trataba de acceder salvando ese obstáculo.

Os axentes entrevistáronse coa aludida A. A. N, de Vigo e 28 anos de idade, comprobando que efectivamente presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as preceptivas probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,77 e 0,72 mg/ l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.