Un vixiante retén a unha muller nun comercio

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un vixiante retén a unha muller nun comercio

No día de onte ás 18:37 horas recibiuse unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo.

O motivo era que o vixiante de seguridade dun comercio da zona Centro tiña a unha persoa retida pola comisión dun presunto delito leve de furto.

Unha vez no establecemento, os axentes procederon á identificación do citado vixiante, en calidade de testemuña dos feitos, resultando ser M. L, de 53 anos de idade.

Así como do prexudicado, titular do local, R. S, de 45 anos. E a autora do ilícito R. G, de 21 anos de idade.

A apuntada accedera ao local e tratase de saír do mesmo sen abonar unha peza, levándoa oculta entre as súas pertenzas.

O vixiante que observara a manobra abordouna antes de que saíse, recuperando a peza, cuxo importe ascende a 7,99€.

Os Axentes procederon á cobertura das correspondentes actas, para traslado á autoridade xudicial competente, achegando o ticket impreso do xénero furtado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.