Un xubilado e doce apóstolos

Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Un xubilado e doce apóstolos

Esta mañá a plataforma cidadá de Redondela que actúa en defensa da Policía Nacional, realizaba unha quedada nas portas do Auditorio Mar de Vigo; lugar onde acudiría o ministro de interior á invitación da festa dos socialistas así como a subdelegada de goberno do mesmo. Esta plataforma, solicitou unha vez máis unha comisaría local para Redondela onde o seu portavoz, Álvaro Bastos afirma “que non frearemos ante nada nin ninguén ata conseguir o noso obxectivo: non só reivindicaremos a volta dos doce policías uniformados de proximidade, que retiraron de Redondela senón que pedimos a categoría de comisaría local para os redondeláns a pesar, de negar algúns, a súa existencia destes”. Así mesmo agradeceu o apoio e as palabras de tódolos veciños, medios de comunicación, grupos políticos como do seu sindicato.


Una respuesta para "Un xubilado e doce apóstolos"

  1. Xaime   01/10/2019 at 2:10

    Interesante, unha plataforma que actúa “en defensa da policía nacional” e polas redes o único que fan é criticar o servizo e botar merda enrriba dos mesmos que eles supuestamente “defenden”. Outra loita perdida

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.